Aviso Legal
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é titular do dominio de internet de segundo nivel xunta.gal
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Política de cookies
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
- Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
- Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
- Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
- Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
- Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación da persoa usuaria polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
- Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
- Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
TIPO DE COOKIE | COOKIE | FINALIDADE | POLÍTICA |
---|---|---|---|
De terceiros (Google) |
_gid |
Analítica e distinguir ás persoas usuarias |
Google Analytics |
As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son dun único tipo:
- Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.
Xestión das cookies
Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:
- Google Chrome: como borrar, habilitar e administrar cookies en Chrome
- Microsoft Edge: datos de navegación e privacidade
- Mozilla Firefox: información que os sitios web gardan no equipo do usuario/a
- Safari: como xestionar cookies e datos de sitios web en Safari no Mac
- Safari (Iphone e Ipad): como borrar o historial e as cookies de Safari no iPhone, iPad ou iPod touch
No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.
Protección de datos
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
1.2 Política de privacidade e protección de datos persoais
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, Regulamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consello, de 27 de abril de 2016, relativo a protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:
1. - Quen é o responsable do tratamento e o encargado do tratamento
O responsable do tratamento é a Consellería de Política Social e Xuventude (en diante, a Consellería) con domicilio en Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web politicasocial.xunta.gal.
Encargado do tratamento: Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión do portal a través do que se dará acceso ás persoas usuarias do portal.
2. - Quen é o/a delegado/a de protección de datos
Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.
3.- Categorías de datos obxecto do tratamento
Para facilitar as distintas funcionalidades do Portal, trátanse datos identificativos facilitados polas persoas usuarias. En concreto, para a emisión do Carné Xove en formato virtual, trátanse os seguintes datos:
- Data de nacemento
- Número do Carné Xove emitido pola Consellería de Política Social e Xuventude (últimos oito díxitos)
Más información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades
4.- Orixe dos datos
Os datos son facilitados polas propias persoas usuarias do Portal.
5.- Finalidades do tratamento e funcionalidades do Portal
Os datos persoais relativos á data de nacemento e ao número do Carné Xove son tratados para a emisión do Carné Xove en formato virtual.
6.- Lexitimación para o tratamento de datos persoais
A lexitimación para o tratamento de datos persoais derivado da emisión do carné virtual fundaméntase no cumprimento dunha misión en interese público baseada na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de Xuventude de Galicia. Máis información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades
7. - Prazo de conservación dos datos
Os datos conservaranse ata que se cumpra coa finalidade disposta para funcionalidade deste Portal, mentres sexa necesario para a determinación das responsabilidades que se puidesen derivar deste ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos e en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente en materia de arquivos e documentos (Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia).
8. - Cesión ou comunicacións dos datos
Os datos non serán obxecto de cesión ou comunicación a terceiros durante o seu tratamento ou unha vez cumpridos os seus fins, durante o seu prazo de conservación, salvo para o cumprimento de obrigacións legais específicas aplicables.
9. - Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais
O responsable do tratamento facilitará o exercicio dos dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son, entre outros:
- Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
- Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
- Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
- Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
- Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
- Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
As canles a través das cales se pode solicitar o exercicio dos dereitos son:
- En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A.
- Presencial: presentando a súa solicitude firmada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.
No caso de persoas usuarias menores que teñan cumpridos 14 anos ou máis, poderán exercitar estes dereitos por si mesmas.
10. - Máis información
Pode ampliar esta información na seguinte ligazón.
11. - Modificación da Política de privacidade
A Consellería resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámosche que revise a política de privacidade con certa periodicidade.