O Carné Xove


O Carné Xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos preto de 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).
Dende o 2021, o Carné Xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non é preciso renovalo.
Neste sentido, no 2021 a Xunta de Galicia enviou o Carné Xove ao domicilio de todas as persoas potencialmente usuarias, máis de 400.000 mozos e mozas. Tras este envío masivo, todos os anos fanse dous envíos anuais aos menores que cumpren 12 anos, co obxectivo de que toda a mocidade poida ter un acceso áxil e gratuíto ao Carné Xove.
Cómpre lembrar que, para que o Carné Xove que chega ao domicilio estea operativo, é necesario activalo (incorporar o número Eyca ou número de carné), do xeito que se explica no apartado seguinte.
Como se activa o carné xove?
A activación pódese facer de forma presencial ou electrónica:
-Presencial: acudindo a un dos puntos de activación. A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca). Neste proceso é preciso acreditarse co DNI.
-Electrónica: os rapaces e rapazas que opten por esta vía deben cubrir este formulario e marcar a opción de ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE RECIBIDO NO DOMICILIO. Despois, recibirán no seu correo electrónico o seu número de carné, que deberán escribir manualmente na tarxeta para tela activada. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que posúe a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.
Que facer se non chegou o Carné Xove á casa
Se tes os 12 anos feitos e non recibiches o carné no teu domicilio, podes solicitalo, de xeito totalmente gratuíto tamén, a través dalgunha destas vías:
- Acudir ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio.
- Solicitalo a través da sede electrónica, procedemento BS319A.
Importate: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.
Descontos e vantaxes
O obxectivo é facilitarlle aos mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a bens e servizos de todos os ámbitos (cultura, aloxamento, transportes, comercial, formación, etc.) a través de descontos ou vantaxes. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas de España e países de Europa que etán adheridas a este programa europeo, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos financieiros e as garantías no estranxeiro (seguro de viaxe) a través das cales a Consellería de Política Social e Xuventude pretende fomentar o desenvolvemento, a movilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.
A través dun adhesivo, que recolle unha reproducción do logo, idenficanse os lugares onde realizan algún tipo de desconto ou vantaxe.

Se algún establecemento non realizara o desconto do que se fai difusión, é necesario poñelo en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante a folla de reclamación.
En todo cado, cómpre ter en conta que estes establecementos poden darse de baixa ou modificar os seus datos notificáncoo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado con 2 meses de antelación, polo que esta información aparecerá actualizada nesta páxina web o máis axiña posible.
Este formulario é para aquelas entidades que queiran colaborar co programa ofrecendo vantaxes ou beneficios especiais aos posuidores do Carné Xove.
Só hay que cubrir e asinar este formulario (galego | castelán).
Pode asinarse electronicamente para remitilo. unha vez asinado, ao enderezo de correo electrónico:
carne.xove@xunta.es
Tamén se pode asinar de forma manuscrista; neste caso, unha vez asinado e selado, deberá enviarse por rexistro ao seguinte enderezo:
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro s/n, planta 0
15781 Santiago de Compostela
Seguro de viaxe
Os posuidores do Carné Xove teñen un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que se poida facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.
As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:
- Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
- Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
- Transporte dos acompañantes.
- Inmobilizacións nun hotel.
- Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
- Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
- Asistencia por danos á equipaxe.
- Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no transcurso da viaxe.
- Roubos e danos á equipaxe.
- Retraso na entrega de equipaxe.
- Gastos de reposición da documentación de viaxe.
- Roubo na caixa forte do hotel.
- Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
- Asistencia por retraso dos medios de transporte.
- Retraso na saída da viaxe.
- Cancelación da viaxe por folga.
- Perda da conexión por retrasos.
- Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
- Retraso por "over booking".
- Asistencia por responsabilidade civil.
- Responsabilidade civil no estranxeiro.
- Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro.
- Anticipo de fianza xidicial no estranxeiro.
- Servizo de información legal.
- Procura de representante legal no estranxeiro.
- Obtención de salvoconductos.
Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro descarga o pdf adxunto.
Todas estás presentacións serán efectuadas baixo petición expresa do asegurado a:
CASER, S.A.
Av. de Burgos, 109
28050 Madrid
Teléfonos:
En España: 902 100 728
No estranxeiro: +34 91 594 96 74
CASER, S.A. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia e durante as 24 horas do día.
O número de póliza do seguro é: 19.277.336
Carné financeiro
O Carné Xove financeiro pódese facer nas oficinas de Abanca. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para ser incluído na base de datos do programa do Carné Xove, una copia do formulario de solicitude tramitado na entidade bancaria.
O Carné Xove clásico que o mozo/a reciba no seu domicilio non lle resta ao Carné Xove financeiro, podendo seguir usando este último sen problema.
Descontos noutras CC.AA:
- Carné Joven de Andalucía
- Carné Joven Europeo de Aragón
- Carné Joven del Principado de Asturias
- Carnet Jove de les Illes Balears
- Carné Joven de Canarias
- Carné Joven de Cantabria
- Carné Joven de Castilla-La Mancha
- Carné Joven de Castilla y León
- Carnet Joven Cataluña
- Carné Joven Extremadura
- Carné Joven La Rioja
- Carné Joven Comunidad de Madrid
- Carné Joven Europeo Región de Murcia
- Carné Joven Navarra
- Gazte-txartela Carné Joven Vasco
- Carnet Jove Generalitat Valenciana
- Carné Joven Ceuta
- Carné Joven Melilla
Descontos noutros países de Europa: https://www.eyca.org/

Preguntas Frecuentes
Se non che chegou, acude ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio ou solicítao a través da sede electrónica
Debes acudir a un dos centros que figuran como puntos de activación e solicitar a expedición dun carné novo argumentando a non recepción por cambio domiciliario ou solicitalo a través da sede electrónica
Só cómpre activalo se o apartado do número de carné que recibes está baleiro.
Podes activalo presencialmente nun dos puntos de activación ou, se tes dificultades para te desprazar, vía electrónica a través da sede electrónica. Na activación presencial debes acudir co teu DNI. No caso de que teñas menos de 14 anos ou non poidas vir ti presencialmente, pode facelo no teu nome a túa nai/pai/titor legal, acompañada do teu DNI.
Poderás acudir a un dos puntos de activación para que che fagamos un novo ou solicitalo a través da sede electrónica.
Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.