Buscador

Busca descontos e establecementos adheridos

Atopa todos os descontos do Carné Xove

O Carné Xove conta xa con máis dun millar de establecementos adheridos (e segue medrando) para que a mocidade de Galicia teñan acceso a descontos e vantaxes exclusivas en cultura, viaxes, deportes, saúde... A través deste buscador podes atopar os descontos que están máis preto de ti. Adiante!

Descarga a APP do Carné Xove

Google Play
Apple Store
Tempo libre e deportes

PortAventura Park + Ferrari Land.

2x1 en entrada combinada de 1 día para PortAventura Park + Ferrari Land.
Para beneficiarse do desconto é necesario descargar o código que debes introducir na web de https://www.portaventuraworld.com/ no momento de realizar a compra das entradas.

O código é individual e dun só uso, e cada titular do carné xove só pode descargar un código.

Para descargar o código pincha no botón "Obter desconto", cubre os datos que che pide do teu Carné Xove e unha vez validado, sairache a seguinte mensaxe: “Xa podes descargar o teu código de desconto premendo nesta ligazón”. Premendo na ligazón obterás o código de desconto dun só uso que tes que introducir na web de portaventuraworld.com

*Promoción válida ata o 06/01/2027.
Cultura e espectáculos

SACRA FESTIVAL

Desconto do 15% nas entradas do Sacra Festival para persoas co Carné Xove.
Servizos e información

Alsa

15% de desconto en todos os servizos de transporte regular de
viaxeiros permanente e de uso xeral de longa distancia, que discurra
por máis dunha comunidade autónoma. Para beneficiarse deste
desconto haise que inscribir no Club BusPlus (gratuita) de Alsa.
O código correspondente ao desconto do Carné Xove de Galicia é:
CJOVENXUNTA
Servizos e información

Renfe

20% de desconto para viaxar en Avant, Media Distancia e Rexionais da rede Feve. Nos trens Ave e Larga Distancia aplicarase un desconto do 5% sobre calquera prezo dispoñible.
* So para titulares do Carné Xove entre 14 e 25 anos na data da viaxe.
https://www.renfe.com/es/es/viajar/prepara-tu-viaje/descuentos/Jovenes
Saúde e coidados

Binocular | Óptica & Audiología

15% de desconto en gafa graduada, gafa de sol e lentes de contacto. Non acumulable con outras promocións.
Cultura e espectáculos

Sacra Festival

Entradas do festival redución do 15% para persoas con Carné Xove
Cultura e espectáculos

Verbena Fest

10% de desconto na entrada do Festival "Verbena Fest" realizado en Sarria os días 1 e 2 de Agosto
Cultura e espectáculos

Ecos da Ribeira

10% nas entradas do festival musical "Ecos da Ribeira" que se vai realizar o próximo Agosto en Escairón (Lugo).