Buscador

Busca descontos e establecementos adheridos

Atopa todos os descontos do Carné Xove

O Carné Xove conta xa con máis dun millar de establecementos adheridos (e segue medrando) para que a mocidade de Galicia teñan acceso a descontos e vantaxes exclusivas en cultura, viaxes, deportes, saúde... A través deste buscador podes atopar os descontos que están máis preto de ti. Adiante!

Descarga a APP do Carné Xove

Google Play
Apple Store
Servizos e información

Iberia

10% de desconto sobre o prezo final para compras efectuadas a través de www.iberia.com e en voos operados por Iberia, Iberia Express e/ou Iberia Regional Air Nostrum.
Como conseguir o desconto?
1. Pincha no botón "Obter desconto", cubre os datos que che pide do teu Carné Xove e unha vez validado, sairache a seguinte mensaxe: “Xa podes descargar o teu código de desconto premendo nesta ligazón”. Premendo na ligazón obterás o código de desconto dun só uso que tes que introducir na web de Iberia.

2. Entra na páxina web de Iberia www.iberia.com e selecciona o teu voo. Ao final do proceso de compra tes que introducir o código desconto obtido no punto anterior para ver o desconto aplicado.

*Promoción válida ata o 31/08/2024.