Novas

Anima ao Compostela co teu Carné Xove

23/2/2024

A SD Compostela sumouse aos establecementos adheridos ao programa do Carné Xove.

Ofrece un desconto do 90% sobre o prezo orixinal do carné de abonado da tempada 23-24 a todas as persoas titulares do Carné Xove, de xeito que pagarían 5€ no caso de renovación do abono e 10 € no caso de novas altas.

Podes consultar a información dos descontos e características dos abonos no seguinte enlace:
https://sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-23-24/

Así pois, aproveita o teu Carné Xove para ir animar ao Compos!!!

Descarga a APP do Carné Xove