Novas
Anima ao Compostela na tempada 24-25 co teu Carné Xove
21/7/2026
A SD Compostela renova o seu compromiso co programa do Carné Xove para a tempada 24-25.
Ofrece un desconto do 85% sobre o prezo orixinal do carné de abonado da tempada 24-25 a todas as persoas titulares do Carné Xove, de xeito que pagarían 10€ no caso de renovación do abono e 15 € no caso de novas altas. Ademáis, neste novo acordo, inclúese o agasallo da camiseta deste equipo a todas aquelas persoas titulares do Carné Xove que se fagan socias da SD Compostela.
Podes consultar a información dos descontos e características dos abonos no seguinte enlace:
https://sdcompostela.com/gl/inicio/
Así pois, aproveita o teu Carné Xove para ir animar ao Compos!!!