Novas

Biocultura. Feira de Productos Ecolóxicos e Ecoturismo

21/7/2026

BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande do Estado, celebrarase do 7 ao 9 de marzo de 2025 en EXPOCoruña. Reunirá a máis de 150 expositores dedicados aos sectores da alimentación ecolóxica (con máis de 10.000 referencias), ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda sostible, fogar saudable, benestar, estilo de vida ecolóxico, artesanía e ONG´S. Paralelamente á exposición realizaranse máis de 100 actividades.

As persoas titulares do carné xove terán un 50% de desconto no prezo da entrada. O desconto realizase unicamente na taquilla física en EXPOCoruña, presentando o carné xove no momento da compra.

Para máis información sobre a feira podes consultar os seguintes enlaces:

Información xeral da feria
https://www.biocultura.org/acoruna/informacion

Horarios e prezos
https://www.biocultura.org/acoruna/horarios

Programa de actividades
https://www.biocultura.org/acoruna/programacion-actividades

Nota de prensa
https://www.biocultura.org/acoruna/notas

Descarga a APP do Carné Xove