Novas
Desfruta dos menús de Marinito Bar&Restaurante co teu Carné Xove
28/7/2026
Marinito Bar&Restaurante situado na estrada de Valdoviño 603, O Val - Narón, ofrece un interesante desconto aos titulares do Carné Xove.
- 10% de desconto en calquera das comidas que aparecen na súa carta.
* So aplicarán o desconto en pagos de forma individual ensinando o carné xove. En contas de máis de un comensal non se aplica o desconto se só un amosa o carné e quere pagar a conta de todos. Para desfrutar do desconto deberán pagar por separado cada un, debendo amosar e acreditar o carné.
Así pois, aproveita o teu carné xove para desfrutar do desconto que ofrece este magnifico restaurante!!!!