Novas

IBERIA súmase ao programa do Carné Xove

10/3/2026

Se che gusta viaxar, descubrir novos destinos e empaparte de culturas diferentes, a nova adhesión de Iberia ao programa do Carné Xove interésache e moito! 

Os titulares do Carné Xove terán un 10%  de desconto sobre o prezo final para compras efectuadas a través de www.iberia.com e en voos operados por Iberia, Iberia Express e/ou Iberia Regional Air Nostrum.

Como conseguir o desconto?

1. Entra no seguinte enlace: https://carnexove.xunta.gal/gl/adheridos/iberia
   Pincha no botón "Obter desconto", cubre os datos que che pide do teu Carné Xove e unha vez validado, sairache
   a seguinte mensaxe: “Xa podes descargar o teu código de desconto premendo nesta ligazón”. Premendo na ligazón
   obterás o código de desconto dun só uso que tes que introducir na web de Iberia.

2. Entra na páxina web de Iberia www.iberia.com e selecciona o teu voo. Ao final do proceso de compra tes que introducir o
    código desconto obtido no punto anterior para ver o desconto aplicado.

*Promoción válida ata o 31/08/2024.

Descarga a APP do Carné Xove