Novas

O programa Carné Xove suma un novo establecemento adherido na costa da Morte

28/3/2024

Agora xa podes relaxarte nunha das mellores zonas da costa da Morte co teu Carné Xove.

O Hotel Spa Meiga do Mar 3* situado no lugar de Caldebarcos, Carnota, ven de sumarse ao programa do Carné Xove con un desconto do 8% en aloxamento e almorzo, así como no acceso ao Spa. Estes descontos non son acumulables a outras promocións ou descontos.

Así pois, xa podedes desfrutar dunha gran estancia neste hotel aproveitando as vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

Descarga a APP do Carné Xove