Novas
Ouren Sound Fest 2023 en Ourense
29/3/2026
Os días 26 e 27 de maio son os elixidos para celebrar unha nova edición dun dos eventos musicais de referencia na cidade de Ourense. Ouren Sound Fest pon a venta 300 entradas para a mocidade titular do carné xove con un desconto do 30%. Cando vaias a comprar a túa entrada, en “Tengo un código de promoción” debes introducir o número do teu carné xove para que che apliquen o desconto. Tes máis información do festival no seguinte enlace https://ourensoundfest.com/
Así pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove para ir de concerto!
Podedes consultar estes e máis descontos en https://carnexove.xunta.gal/gl/descontos