Novas

Queres ser embaixador do Carné Xove?

20/3/2026

EYCA (Asociación Europea do Carné Xove) busca 11 persoas para constituír o seu Panel de Mozos durante dous anos.

Que significa ser membro deste Panel? A EYCA ofréceche un programa de aprendizaxe e desenvolvemento no que porás en práctica moitas habilidades: falar en público, debater con altos cargos de institucións, xestionar proxectos e loxística, comunicar e traballar en rede, representar a EYCA en reunións e eventos en toda Europa...

Durante o próximo mandato de dous anos (2025-2026), os membros do Panel de Mozos terán as seguintes funcións:
- Representar a EYCA en eventos externos e unirse ás reunións internas compartindo as voces da súa xeración.
- Ofrecer comentarios e suxestións sobre as actividades e a organización da EYCA.
- Contribuír á comunicación e visibilidade da EYCA.
- Participar nas seguintes reunións/eventos coa axuda dun capacitador do Panel de Mozos:
  - 2 reunións presenciais cada ano (xeralmente en febreiro-marzo e outubro-novembro). Estas reunións adoitan durar unha fin de semana. A primeira será en Budapest do 22 ao 26 de febreiro.
  - Reunións en liña unha ou dúas veces ao mes.
  - Unha reunión da xunta directiva de EYCA, unha reunión do grupo rexional de membros de EYCA e a Conferencia anual de EYCA.

Todos os gastos destas viaxes serán cubertos pola EYCA.

Requisitos
-Os solicitantes deben ter polo menos 18 anos no momento da primeira reunión (xaneiro de 2025) e menos de 31 ao final do mandato.
-Ter un Carné Xove Europeo válido na data da solicitude
-Bo dominio do inglés.
-Capacidade e vontade de viaxar ocasionalmente a eventos por toda Europa.
-Forte motivación para formar parte do Panel de Mozos de EYCA e estar en condicións de comprometerte durante 2 anos.

Para presentar a túa solicitude debes seguir estes pasos:

Paso 1: Grava un vídeo sobre ti (non máis de 2 minutos). Contando por que queres formar parte do panel de mozos: Cal é a túa experiencia previa? Que te apaixona? Que accións de cidadanía activa che gustaría implementar a través do Panel de Mozos de EYCA?

Paso 2: Sube o vídeo a Youtube (recomendamos configurar o vídeo como non listado para que só poidan velo quen teña acceso á túa ligazón).

Paso 3: Enche o formulario de solicitude e non esquezas incluír a túa ligazón de Youtube antes do domingo 17 de novembro de 2024 ás 23.59 CET. EYCA responderache nunhas semanas.

0 13 de novembro a EYCA ofrece unha sesión de preguntas e respostas ás 18:00 h para solventar dúbidas. Rexístrate aquí para esta sesión.

Toda a información sobre esta convocatoria aquí

Descarga a APP do Carné Xove