Novas

A túa liña móbil gratuíta durante 6 meses co teu Carné Xove

10/8/2026

Giga Joven súmase aos establecementos adheridos ao programa do Carné Xove ofrecendo un interesante desconto.

Liña móbil GRATUÍTA durante 6 meses para liñas existentes ou novas ata o 31 de xaneiro de 2024.

Esta liña móbil terá chamadas ilimitadas (ata 6.000 minutos ao mes) e 25 Gb de datos para a navegación. Unha vez rematado o período GRATIS, os usuarios do carné xove só pagarán 7,90 € IVE incluído.

Estas condicións serán respectadas durante toda a vida do cliente con Giga Joven. Non hai permanencia asociada, e en calquera momento, xa sexa no período gratuíto ou posteriormente, podes dar de baixa ou portar o teu número de teléfono.

Trátase dunha promoción ONLINE. O mecanismo para solicitar a oferta é a través da páxina web www.gigajoven.com, e para validar que a persoa que a solicita cumpre os requisitos de posuír o Carné Xove ten que introducir o seu número de Carné Xove.

Tamén ofrecen un desconto permanente do 10% en comparación cos prezos da páxina web oficial de Finetwork.

Condicións da promoción en https://www.gigajoven.com/condiciones-de-la-promocion/

Descarga a APP do Carné Xove