Novas
Xurado da Xuventude do Festival “Punto de Vista” 2023
Do 27 de marzo ao 1 de abril terá lugar en Pamplona a nova edición do “PUNTO DE VISTA” Festival Internacional de Cine Documental de Navarra.
Para esta nova edición, desde o Carné Xove Europeo de Navarra ofrecen a oportunidade de que dúas persoas titulares do Carné Xove Europeo de calquera Comunidade Autónoma ou país membro, opten a formar parte do Xurado da Xuventude de este ano.
No caso de ser unha das persoas seleccionadas, terás incluídos os gastos de aloxamento durante todos os días que dura o Festival, así como os gastos de desprazamento da viaxe de ida e volta desde o lugar de orixe que, en función do custo poderán cubrirse na súa totalidade ou en parte deles.
Para poder inscribirse tan só hai que cumprir con 3 requisitos:
-
Ser titular do Carné Xove de entre 18 y 25 anos.
-
Ser unha persoa a que lle guste o mundo do cine.
-
Comprometerse a visualizar a Sección oficial completa para debater sobre ela e elixir conxuntamente o Premio da Xuventude a Mellor Película.
As persoas participantes no Xurado da Xuventude obterán unha acreditación para poder gozar da programación completa de Punto de Vista e o equipo de Punto de Vista deseñará un itinerario de recomendacións e encontros seleccionados con persoas asistentes, acreditadas e convidadas ao festival.
Aquelas persoas que estean interesadas en presentarse como Xurado da Xuventude do Festival, poden inscríbete ata o 28 de febreiro, na propia web do Festival:
https://www.puntodevistafestival.com/es/edicion-2023/seccion-oficial
(Unha vez pechado o prazo de inscrición, 'PUNTO DE VISTA' seleccionará os perfís que conformarán o Xurado da Xuventude)