Novas

Chega a terceira edición do Concurso Carné Xove Xuventude Crea

20/5/2026

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado lanza unha nova edición, e xa van tres, do Concurso Carné Xove Xuventude Crea. Os 52 gañadores da edición do Concurso Xuventude Crea 2023 participan neste concurso de votación popular e compiten polo gran premio: un vale de 100€ para utilizar en calquera dos establecementos adheridos ao programa Carné Xove. 

O CONCURSO ten a seguinte mecánica:

  • A organización do concurso publicará en Easypromos unha galería de candidaturas conformada polas persoas premiadas nas diferentes categorías do concurso Xuventude Crea.  
  • O acceso a esta galería realízase a través desta ligazón: https://pr.easypromosapp.com/p/971225. A candidatura gañadora será aquela que consiga máis votos no prazo estipulado. En caso de empate realizarase un sorteo entre estas candidaturas para determinar cal é a gañadora. A votación está aberta ata as 12 pm do 30 de xaneiro de 2024.
  • As persoas titulares das diferentes candidaturas poden facer uso das súas redes sociais para incentivar o voto á súa candidatura. 
  • Para votar os usuarios necesitan rexistrarse vía correo electrónico. A través da votación o usuario entrará automaticamente nun SORTEO. Este sorteo realizarase o día 31 de xaneiro de 2024 ás 12.00 h e dará unnha soa persoa gañadora, que se publicará nas redes sociais da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Neste enlace podes descargar as bases.  

Descarga a APP do Carné Xove